xoves. 01.05.2025
El tiempo

Evento

3ª ruta nocturna polos petróglifos do promontorio de Corme

15/set./2018 a 15/set./2018
9:30 h a 11:55 h
3ª ruta nocturna polos petróglifos do promontorio de Corme
O vindeiro día 15 terá lugar a 3ª ruta nocturna polos petróglifos do promontorio de Corme, unha iniciativa da concellaría de Patrimonio de Ponteceso para poñer en valor o patrimonio. Na organización da iniciativa colabora o colectivo A Rula, dedicado ao coñecemento, a difusión e a protección da arte rupestre. As persoas interesadas xa poden anotarse chamando ao 981 715 442 ou enviando un correo electrónico ao enderezo carlos.penedo@ponteceso.gal. Hai 60 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición. Os/as participantes reuniranse o día 15, ás 21.30 horas, no local social de San Adrián de Corme para iniciar un percorrido por unha das zonas máis ricas de Galicia en gravados rupestres. O Petón da Campaíña, A Regadiña, e a área da Feiteira-Meixoeiro, na que se atopa a maior concentración da Costa da Morte, con 15 paneis, serán os principais puntos de interese, nos que poderemos observar gravados prehistóricos, medievais e modernos cunha tipoloxía “pouco común dentro do Grupo Galaico da Arte Rupestre e únicos na Costa da Morte”, tal como sinala o colectivo A Rula.
Comentarios