sábado. 23.08.2025
El tiempo

O BNI ACO Salitre presentou os seus números no Castelo de Vimianzo

BNI ACO no Castelo de Vimianzo 3
O Castelo de Vimianzo acolleu un almorzo especial do BNI ACO Salitre
O BNI ACO Salitre presentou os seus números no Castelo de Vimianzo

Ademais do BNI Dolmen de Dombate, o empresariado da Costa da Morte tamén está noutro dos grupos que operan na provincia: BNI ACO Salitre. Esta semana, o colectivo de profesionais deste Business Network International, realizou o seu almorzo de traballo nun espazo tan especial como o Castelo de Vimianzo, coa presenza de máis de 40 persoas emprendedoras chegadas desde A Coruña, A Pobra do Caramiñal, O Porriño, Arcade, Santiago de Compostela, Fisterra ou Zas. 

En Vimianzo os empresarios deron a coñecer o balance económico desde o 11 de novembro de 2024, no que se facturaron arredor de 5 millóns de euros. Desde que se formou este grupo específico, hai case tres anos, xa son máis de 17 millóns de euros os facturados. Actualmente BNI ACO Salitre conta con 42 membros.

BNI ACO no Castelo de Vimianzo 2

BNI, é unha organización de networking líder no mundo dos negocios, recoñecida pola súa influencia global. Contan cunha rede de máis de 328.000 membros en máis de 77 países e actualmente se comparten máis de 16,3 millóns de referencias de novos clientes. Entre todos, xeran máis de 24,8 mil millóns de dólares en investimentos. 

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destacou que “17.680.000 euros facturados desde o nacemento de BNI ACO Salitre é un éxito que só podemos entender grazas á unión deste grupo; en Vimianzo sempre ides a ter unha casa e quero felicitarvos polo voso traballo, así como o da directiva, representada en Martín Rivas, presidente; Miguel Ángel Fernández, vicepresidente; Susana Gómez, directora executiva de BNI Galicia; Laura Picallo como secretaria e Jesús M. Barrientos como director consultor, comprometidos e comprometidas por unha aposta que ten, sen dúbida, moito futuro”. 

Jesús Barrientos, director consultor de BNI, subliñou o “sistema de colaboración entre todas as persoas que integran BNI ACO Salitre, nun contexto que favorece a coexistencia e minimiza as portas frías, a soidade do empresario, baseándose precisamente nas sinerxías como a de hoxe, unha xuntanza frutífera e que marca o noso camiño para os vindeiros meses.”

Máis novas

Comentarios