Evento
Accións polo #8M na praia de Carnota e en Vimianzo

A agrupación de colectivos Galegas 8M Costa da Morte-Bergantiños, acordou unha serie de mobilizacións repartirdas en 4 puntos da comarca, Carnota (da Man da Asociación Sonlilá co apoio municipal), Cee (da man da Organización Buserana), Vimianzo (cas Curandeiras e o Concello) e Carballo (da man do Círculo Feminista de Carballo e o Concello):
Un día antes, o 7 de marzo, ás 12:00 do mediodía farase cadea humana de mulleres que percorrerá a praia de Carnota, un dos lugares máis emblemáticos do noso territorio. Todas con algo violeta ben visible, collidas da man para xuntar forzas coas nosas veciñas, amigas e aliadas.
Xa ás 20:00h dese mesmo día 7, Vimianzo acollerá unha Concentración Festiva, con toda a forza, alegría e sororidade que leva a batukada das Curandeiras.
O propio 8 de marzo, organizarán ás 12:00 do mediodía unha manifestación unitaria da Costa da Morte-Bergantiños en Cee, onde Galegas 8M levará o lema "Sen coidados non hai vida".
E pola tarde, ás 19:00 h, pecha o programa outra manifestación en Carballo, que sairá dos xulgados.