domingo. 25.05.2025
El tiempo

Evento

Andaina por Ponteceso

05/maio/2018 a 05/maio/2018
10:00 h a 6:00 h
Andaina por Ponteceso
Andainas Populares Coñece a Costa da Morte 2018 Xa temos programa completo para o circuito de Andainas Coñece a Costa da Morte 2018. O 7 de abril arrincan en Camariñas estas fermosas camiñadas que serven para que nós mesmos, os propios veciños da comarca, coñezan os tesouros do resto de concellos da bisbarra. E do noso, por suposto, porque ás veces hai tesouros agochados polos camiños do noso concello que nin nós mesmos sabiamos. As andainas dos sábados dos meses de abril, maio e xuño, comezan ás 10:00h e son de entre 10 a 15 km, dunha dificultade media. Cómpre inscribirse no teu concello, se ben o prazo de inscrición remata o xoves anterior a cada andaina. Cee (14 de abril), Dumbría (21 de abril), Fisterra (28 de abril), Ponteceso (5 de maio), Vimianzo (12 de maio), Corcubión (26 de maio), Muxía (2 de xuño) e Mazaricos (9 de xuño), completan a serie de Andainas.

Por Ponteceso

O xoves rematará o prazo de inscrición para a Andaina Miradoiro do Monte Branco, unha das rutas que forma parte do programa Coñece a Costa da Morte e que nos levará por algunhas das paraxes con mellores vistas do noso concello o vindeiro sábado 5. As persoas que queiran participar deben enviar un correo ao enderezo electrónico turismoponteceso@ponteceso.net antes das 13.00 horas do día 3, indicando nome e apelidos, data de nacemento, número de DNI, enderezo e número de teléfono de contacto.

A Andaina Miradoiro do Monte Branco arrancará ás 10.00 horas do sábado desde o Centro Cultural de Ponteceso para realizar un percorrido duns 13 quilómetros que nos levará polo malecón do Couto, os miradoiros Monte Branco (182 metros de altitude) e Monte dos Loureiros (244 metros) para rematar na praia de Balarés arredor das 14.00 horas. O río Anllóns, a ría de Corme e Laxe e unhas vistas espectaculares garanten o interese da camiñata.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
Comentarios