Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Aquelarre das meigas no Monte Neme polo Solsticio de verán

23/xuño/2019
12:30 h
Monte Neme
Aquelarre no Monte Neme polo solsticio de veran
Aquelarre das meigas no Monte Neme polo Solsticio de verán

A "Plataforma pola defensa de Monte Neme" organiza o Domingo 23 de Xuño un aquelarre de meigas no Monte Neme.

Neste solsticio de verán, seguindo os relatos das lendas ancestrais, terá lugar unha nova xuntanza anual de meigas no Monte Neme.

Con este aquelarre de meigas simbólico, levarase a cabo un acto festivo que tamén serve para reivindicar a recuperacion deste emblemático espazo.

O lugar de xuntanza será o cumio do Monte Neme, na explanada da mina onde a antiga planta clasificadora, dende onde subiremos camiñando ata á Eira das Meigas onde as meigas farán un conxuro, nomearán a Meiga Maior do 2019, Rosalía Fernández Rial, que botará o meigallo maior. Posteriormente ofrecerase algún tipo de beberaxe máxico (sesión vermú) e cantarase e bailarase a música tradicional a cargo do grupo Seis Reás.

O acto, que se celebrará o día 23 de Xuño, día das cachelas, comezará ás 12:30h do mediodía é será libre (de balde e sen apuntamento).

Prégase ás meigas participantes que vaian ataviadas con escuras galas, pantalón, camisola e sombreiro cor negra e que non falten vasoiras, xestas e fiúnchos para o ceo.

Para os que desexen achegarse ó Monte Neme en bicicleta, farase unha subida conxunta dende Carballo, con saída as 10h dende o bar Dolce&Café, fronte á piscina nova Carballo Calero.

Comentarios