O Castro a Cidá de Borneiro acolle este sábado a actividade "Un Castro Animado". Tanto pola mañá como pola tarde haberá sesións de maxia co "Mago Antón" (ás 12:00, 13:00, 18:00, 19:00; 20:00 e 21:00 horas), unha folicada con O Son do Castro e outros grupos convidados e visitas teatralizada en Dombate con Os Quinquilláns (18:00 e 19:30 horas).