![]()
CONTINÚA O CICLO DE CATAS DE VIÑO NO MUSEO DO MAR
Venres 9 de marzo ás 19.00 horas, e sábado 10 ás 12.00 horas, catas de viño no Museo do Mar de Laxe da man das D.O. Ribeiro e D.O. Rías Baixas, respectivamente.
Continúa o programa de catas deste “inverno gastronómico e enolóxico”; o venres 9 de marzo ás 7 da tarde será o turno para a Denominación de Orixe Ribeiro. Dirixirá a actividade Guillermo Díez, xerente e enólogo de Bodegas Nairoa.
E o sábado, ás 12.00, servirá para dar a coñecer a Denominación de Orixe Rías Baixas, representada neste caso pola Bodega Pazo de Baión.
As catas celebraranse no Museo do Mar e non se require inscrición previa para asistir. Pero iso si, as prazas son limitadas, ata completar aforo.