sábado. 24.05.2025
El tiempo

Evento

Cata de viño en Laxe

10/mar./2018 a 10/mar./2018
12:00 h a 6:00 h
Museo do Mar
Cata de viño en Laxe
CONTINÚA O CICLO DE CATAS DE VIÑO NO MUSEO DO MAR Venres 9 de marzo ás 19.00 horas, e sábado 10 ás 12.00 horas, catas de viño no Museo do Mar de Laxe da man das D.O. Ribeiro e D.O. Rías Baixas, respectivamente. Continúa o programa de catas deste “inverno gastronómico e enolóxico”; o venres 9 de marzo ás 7 da tarde será o turno para a Denominación de Orixe Ribeiro. Dirixirá a actividade Guillermo Díez, xerente e enólogo de Bodegas Nairoa. E o sábado, ás 12.00, servirá para dar a coñecer a Denominación de Orixe Rías Baixas, representada neste caso pola Bodega Pazo de Baión. As catas celebraranse no Museo do Mar e non se require inscrición previa para asistir. Pero iso si, as prazas son limitadas, ata completar aforo.
Comentarios