luns. 09.06.2025
El tiempo

Evento

Ciclo de Curtas Ficciónate

15/out./2016 a 15/out./2016
18:30 h a 18:30 h
Ciclo de Curtas Ficciónate
Ficcionate en Santa Comba

Fermosa iniciativa esta do colectivo Xalleiros polo Audiovisual, que van traer a Santa Comba un ciclo de curtametraxes que veñen percorrendo o país. Ficciónate traerá este sábado 15 de outubro ás 18:30h no Multiusos 4 interesantes traballos do novo cinema galego, e o correspondente coloquio.

Un proxecto que nace co apoio de Iniciativa Xove, que axuda a grupos informais de menores de 30 anos a levar a cabo proxectos culturais. Neste caso, é fundamental a colaboración entre o grupo de inquedos rapaces, e os incansales técnicos municipais. Xuntos xa teñen achegado á Santa Comba proxeccións de cine (como a de Lobos Sucios, rodada en parte nas minas de Varilongo), ou unhas xuntanzas para revivir a vida nos 70 e 80 dentro do propio cine.

Desta volta, toca presente, e de calidade “madeinGalicia”. As curtas Rancor, El Comediante, Fálame do Silencio e Unary, estarán en Santa Comba.

 

Fálame do Silencio

 

Rancor

RANCOR (Trailer Oficial) from MT Producciones on Vimeo.

 

Unary

 

El Comediante

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
Comentarios