Martes. 11.08.2020
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Concerto de Dani Barreiro & Friends

18/xan./2020
23:59 h
Celme Café (Vimianzo)
Concerto de Dani Barreiro & Friends

Concerto de DANI BARREIRO & FRIENDS este sábado 18 as 23:59 h no CELME CAFE de Vimianzo.

 

Preséntase como Dani Barreiro & Friends, e o de Friends vai polos que están enriba e abaixo do escenario. É unha “reunión de amigos que comparten e celebran a música”... o que ocorre é que agora en lugar de facelo no salón da súa casa -ou de casa allea- o fan nas rúas, nos bares, terrazas, locais de copas, salas de concertos, escolas e festivais, pero coa mesma filosofía, desenfado e sentido do humor.

O repertorio está constituído sobretodo por versións dos grandes éxitos do Pop Rock, dende os 60, 70, 80 ata hoxe, con artistas como Andrés Dobarro, Juan Pardo, Magín Blanco, Loquillo, Gabinete Caligari, Duncan Dhu, Andrés Calamaro, Quique Gonzalez, Coque Malla, Joaquin Sabina... pasando por Rosendo, Burning ou Los Secretos, variando de xeito constante o seu ecléctico repertorio, e incluíndo clásicos internacionais de diferentes artistas coma Johnny Cash, Neil Young, Neil Diamond, REM, Waterboys, Depeche Mode, Rolling Stones, The Beatles, etc.

En cada show Dani Barreiro rodéase de bos amigos coma Miguel Pérez ao baixo, Ruben Ruíz a guitarra eléctrica, Roberto Barreiro a batería, e, cómo non, aparte deles sempre é posible que saia a escena algún que outro Friend espontáneo ou convidado sorpresa...

comentarios