venres. 22.08.2025
El tiempo

Pouca resposta á concentración carballesa contra a política forestal do goberno popular da Xunta

Concentracion contra os lumes Carballo
Pouca resposta á concentración carballesa contra a política forestal do goberno popular da Xunta

Convocaba onte a Plataforma “Por un monte con futuro” concentracións en todo o país para criticar a política forestal do goberno popular da Xunta. Houbo auténticas demostracións do enfado que ten a sociedade galega como a multitudinaria cita na Coruña, se ben na nosa comarca, a pesar da proximidade dos lumes de Corme e Ponteceso, a resposta foi vaga.

A Praza do Concello acollía onte ás 20:00h a convocatoria realizada por 50 entidades de todo o país. En Carballo foi a CIG, das poucas entidades que se mobilizaron, a que tomou o mando e dirixiu os cánticos contra a política forestal do PP na Xunta de Galicia.

Concentracion contra os lumes Carballo 3

Máis novas

 

Comentarios