![]()
Fantástico concerto que MJ Pérez que ofrecerá este venres 16 de marzo na Sala A Ventana (Laxe) ás 23:30h. Este concerto está dentro da Rede Galega de Música Ao Vivo organizado dende AGADIC:
MJ Pérez chega a Laxe para presentar o seu último disco "Casandra" na sala A Ventana acompañada de Ailén Kendelman (A Panadaría, Áureas) ao violín e percusións.
"Casandra" é o primeiro álbum de estudio da artista arzuá (terceiro da súa traxectoria), no que tamén é partícipe a súa banda e colaboracións espaciáis entre as que se atopa o artista da Costa da Morte SERJ e outros como Ailén Kendelman, Richi Casás ou Paco Cerdeira. Unha fusión de diferentes estilos que amosa unha clara evolución na música de MJ, que rematou o 2017 como gañadora dos premios Xuventude Crea na categoría musical.
Logo dunha intensa xira que comezou no mes de setembro do pasado ano e que está marcada agora por un mes de marzo do máis intenso, MJ chega agora a Laxe para presentar este último álbum.
Sen dúbida, un concerto para non perder e compartir todo o que MJ nos ten preparado!
Será o venres 16 de Marzo, ás 23:30h.
E para ir abrindo boca...