![Coso Carnobrigo tocando en Carnota]()
Coso Carnobrigo tocará en Lira
Este venres, 7 de outubro, a partir das 21.30 h, a música regresará ao Albergue de Lira, Portaventosa, tras os concertos realizados durante o verán dentro do ciclo “Solpores Acústicos”. Desta vez, será o grupo carnotán de metal, Coso Carnóbrigo, o que porá a proba os cimentos das instalacións.
Pese a que o bar e a cociña do Albergue permanecen pechados dende mediados de setembro, por temporada, estas instalacións seguen dispoñibles e receptivas a acoller propostas lúdicas e culturais de distinta índole, co obxectivo da dinamización da contorna e as súas colectividades.
A actuación de Coso Carnóbrigo, que non irá máis alá da media noite, permitirá as persoas asistentes comezar con enerxía a fin de semana.