sábado. 07.06.2025
El tiempo

Evento

Contacontos en francés

25/out./2016 a 25/out./2016
18:00 h a 18:00 h
Contacontos en francés
Contacontos en frances en carballo

A Asociación de Irmanamento con L´Isle-Jourdain continúa promovendo a cultura francesa cun amplo abano de actividades durante o último trimestre do ano.

O vindeiro 25 de outubro haberá un contacontos en francés ambientado no outono e no samaín. A cita terá lugar na Biblioteca Rego da Balsa ás 18h00 e está dirixida a nenos e nenas de ata 7 anos, así coma ás súas familias. Requírese previa inscrición no email info@carballo-lisle.org ou na Biblioteca.

O día 29 de outubro celebrarase unha nova sesión dos “Sábados de literatura francófona” tamén na Biblioteca. O libro escollido para este mes é “Stupeur et Tremblements” da autora belga d'Amélie Nothomb. O comentario do libro farase en galego e aquelas persoas que aínda non dominen a lingua francesa poderán botar man da versión traducida.

Ademais destas propostas, cada venres a partir das 19:30 continúan os encontros do “Café-Convesation” na cafetería Jaque Mate de Carballo para practicar a conversa na lingua francesa.

O sábado 5 de novembro celebrarase o 22º aniversario da Asociación cunha cea baile amenizada con música gala e sorteo de produtos franceses. O evento terá lugar no Restaurante San Lorenzo de Berdillo ás 21h30 e o prezo do menú é de 25€. Todas aquelas persoas interesadas en asistir poder facer a súa reserva no teléfono 652 28 44 77. O prazo para adquirir as reservas é ata o 25 de outubro.

Cea baile en frances

Fonte

Comentarios