venres. 09.05.2025
El tiempo

Evento

Contacontos en Ler Librerías

11/xan./2018 a 11/xan./2018
5:00 h a 6:00 h
Contacontos en Ler Librerías
Co comenzo do novo ano Ler Librerías Santa Comba da inicio as actividades culturais cun contacontos este xoves, 11 de xaneiro. O escritor Francisco López-Barxas presenta mañá, xoves 11 de xaneiro, a súa última publicación, un álbum ilustrado titulado “Nemo e Sabela polos parques de Compostela” realizado en colaboración coa ilustradora madrileña Isabel Pintado. Dun xeito divertido e ameno, na compaña dos gatos Nemo e Sabela, descubriremos os segredos e curiosidades dos parques da cidade de Compostela, coñeceremos os seus nomes, esculturas que podemos atopar, ou persoaxes, literatura e lendas relacionados con estes singulares lugares. A Alameda, Belvís, Paxonal ou o paseo do Sarela son algúns dos emblemáticos lugares que percorren os protagonistas deste libro de gran formato. Vintecinco ilustracións que destacan a beleza dos parques cun realismo salientable, que as fai moi atractivas aos pequenos lectores. Ademais os que asistan ao contacontos, terán a oportunidade de ver traballar en directo á ilustradora, Isabel Pintado. Os bocetos realizados durante dita presentación, serán sorteados ao finalizar o acto entre os asistentes. A presentación, que terá lugar mañá xoves as 5 da tarde, contará ademais coa presencia da xerente do Consorcio de Santiago, Belén Hernández e o responsable de Publicacións do mesmo organismo Juan Conde; e o director de Teófilo Comunicación, José Luis Teófilo, ambas entidades responsables da publicación deste álbum ilustrado. Confirmaron tamén asistencia Xesús Palmou, presidente da Academia Xacobea e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística.
Comentarios