Evento
Conferencia micolóxica en Laxe
25/nov./2017 a 25/nov./2017
7:00 h a 6:00 h
Museo do Mar
10:34 23/11/17
En Galicia existen unhas 2.700 clases de cogumelos. Atopar unha nova especie non resulta tarefa sinxela, pero Jaime Blanco Dios foi quen de descubrir unha na praia de Soesto: a “Entoloma corunnense”.
O sábado 25 de novembro, ás 19.00 horas, Jaime, divulgador científico especializado en cogumelos, visitará o Museo do Mar para impartir unha conferencia na que nos falará sobre o seu achádego. A sesión titúlase “Novas especies de fungos para ciencia atopados en Galicia”.
Será un bo momento tamén para que o público asistente faga preguntas a un experto na materia, e resolver dúbidas sobre a micoloxía.