Evento
Proxección de Noetiña en Corcubión
19/out./2018 a 19/out./2018
8:00 h a 6:00 h
15:03 15/10/18
Este venres, 19 de outubro, ás 20.00 horas, terá lugar na Casa da
Cultura de Corcubión a proxección da documental, "Noetiña, As mulleres e o mar na Costa da Morte". Filmada entre Corcubión e Fisterra, ten como protagonista a Jenifer Suárez Silva, mariñeira do Noeta que quere ser patroa do barco pesqueiro familiar Noeta e continuar así coa saga familiar, primeiro o seu avó Manuel, o seu pai Urbano e agora ela.
Conta co apoio da familia pero coa maternidade xurden dúbidas.Con este proxecto amósase como o xénero inflúe na particpación das mulleres nas actividades pesqueiras e como repercute na súa vida familiar.