Evento
Teatro en Muxía
14/dec./2018 a 14/dec./2018
7:00 h a 6:00 h
Salón de Actos do Voluntariado
12:41 12/12/18
O venres 14 Montse Rivera, de Leilía, trae a Muxía a actividade "Cóntoche un traxe" para público de todas as idades e que trata sobre o traxe tradicional galego achegándonos a el dunha forma divertida. Será ás 19.00 h no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía. Entrada libre
O domingo 16 haberá o VI Certame de Corais "Fin do Camiño", organizado pola Coral Virxe da Barca e que ademais dela contará coa actuación do Orfeón Alcoa Inespal, de Arteixo.A actuación será ás 18.00 h no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía. Entrada libre.