Evento
Curruncho Pop
02/xuño/2018 a 02/xuño/2018
8:30 h a 6:00 h
Biblioteca Rego da Balsa
12:56 05/03/18

Este 2018, o singular programa musiqueiro do Curruncho Pop que enche de música a Biblioteca Rego da Balsa, ten unha data especial. O 5 de maio será o día de celebración dos 30 anos da banda carballesa Tramitess, unha das máis lonxevas de Bergantiños.
O Curruncho busca ofrecer un espazo para escoitar novos sons, diferentes estilos musicais, e tamén dar a coñecer diferentes intérpretes, tanto locais, como galegos, españois ou de outros países. De feito, dende o pasado 1 de marzo ao 2 de xuño visitarán Carballo artistas non so galegos é españois, senón tamén xaponeses, americanos ou escoceses.
O formato mantense: as citas, na biblioteca municipal, os sábados ás 20.30 horas.
.Os concertos
Pecharase o programa o 2 de xuño con Aries, a versión electrónica de Isa Fernández Reviriego (ex Charades). Compartirá auditorio con Santi Campos, un artista de longa traxectoria que chega a Carballo para ofrecernos o seu traballo máis novo.Fonte
- Carballo.