sábado. 24.05.2025
El tiempo

Evento

Curruncho Pop

14/abr./2018 a 14/abr./2018
8:30 h a 6:00 h
Biblioteca Rego da Balsa
Curruncho Pop
Currucho Pop Carballo 2018

Este 2018, o singular programa musiqueiro do Curruncho Pop que enche de música a Biblioteca Rego da Balsa, ten unha data especial. O 5 de maio será o día de celebración dos 30 anos da banda carballesa Tramitess, unha das máis lonxevas de Bergantiños.

O Curruncho busca ofrecer un espazo para escoitar novos sons, diferentes estilos musicais, e tamén dar a coñecer diferentes intérpretes, tanto locais, como galegos, españois ou de outros países. De feito, dende o pasado 1 de marzo ao 2 de xuño visitarán Carballo artistas non so galegos é españois, senón tamén xaponeses, americanos ou escoceses.

O formato mantense: as citas, na biblioteca municipal, os sábados ás 20.30 horas.

.

Os concertos

O 14 de abril visitará o auditorio do Rego da Balsa a Alex Díez, moi coñecido polo seu actual grupo, Cooper, pero tamén e sobre todo polo seu proxecto máis importante, Los Flechazos. Terá como invitado a Talbo Mods, un xaponés que fai versións de música mod e que é fan confeso dos Flechazos. O 5 de maio celebraremos o concerto do 30 aniversario de Trámitess. Comezará coa actuación do grupo homenaxeado, que tocará tres das súas cancións máis coñecidas e outras dúas versións dunha das formacións máis importantes que deu o rock local, Metro. Fran Méndez, Pepe Fidalgo e Kiko Iglesias estarán acompañados por Alberto Martínez (Versión Imposible), Roberto Pose “Garban” (ex Vecino e Porta con porta, entre outros), Pepe Iglesias, Ramón Martínez Mato (ex La Crema), Feliciano Mira (ex Trámitess e Versión Imposible), Francisco González “Panchi” (ex Enfermos) e José Antonio Levices (ex Metro). Tamén haberá, seguro, algunha sorpresa de última hora e proxectarase unha montaxe audiovisual da carreira de Trámitess. O 12 de maio é quenda para Espiño, un músico compostelán que no seu último traballo, “I”, en galego, fai un percorrido polo rock psicodélico e o folk americano. O 2 de maio chegan outros tres músicos de talla contrastada e o pop luminoso do valenciano Ramirez Exposure na súa colaboración con Mark Jonson e Richard Floyd (ex Television, nada menos). Pecharase o programa o 2 de xuño con Aries, a versión electrónica de Isa Fernández Reviriego (ex Charades). Compartirá auditorio con Santi Campos, un artista de longa traxectoria que chega a Carballo para ofrecernos o seu traballo máis novo.

Fonte

  • Carballo.
Comentarios