Sábado. 20.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Descubre os Saberes de Cabana

06/dec./2019 a 08/dec./2019
h
Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate
cabana-saberesdecabana-dec19
Descubre os Saberes de Cabana

O 6, 7 e 8 de decembro clebraranse no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate en horario de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 18:30:

  • Visitas guiadas gratuítas
  • Saberes de Cabana: Demostración de artesanía local: pintura, cerámica, cestería e carpintaría.
  • Dombate na literatura: Antoloxía de Dombate. Editada pola Deputación da Coruña.
  • Lectura pública e gravación de Omar Rabuñal. Agasallo aos participantes.

Ademáis, o 7 de decembro: 18:30 Eduardo Pondal volve a Dombate. Realizarase unha visita teatralizada con Suso Martínez encarnando ao bardo pontecesán.

O bardo bergantiñán, o Cantor da raza Galega, cobra vida de novo na noite Borneiro para amosarnos o seu universo pancéltico e máxico sobre o chan de para levarnos a un tempo de xigantes, ao dos nobres celtas de corpos ben dourados cumpridos. Un tempo de mouras e fadas que peitean os seus cabelos e gardan o seu encantamento, mais que tamén son guerreiras e saben morrer no campo da honra. Un tempo da patria redimida. E isto aos pés do dolmen de Dombate, testemuña daquel tempo de xigantes, ao que Pondal regresou no de Bergantiños, e ao Visita guiada teatralizada con relato literario e mítico de temática seu célebre poema de 1895, canto do cisne do bardo que regresa nesta alta ocasión pondaliana, inspirado no celtismo ossianico da Cova Céltiga coruñesa de Murguía e Uxío Carré Alvarellos e no helenismo dos seus estudos xunto ao crego de Nemiña.

Duración: 1 hora e media.

Guía-actor: Suso Martínez, historiador e guía das visitas teatralizadas do cemiterio de San Amaro da Coruña e da casa da Troia de Santiago de Compostela.

É necesaria inscrición previa en [email protected] ou no número de teléfono 672 43 57 36.

Comentarios