![]()
O centro arqueolóxico Dolmen de Dombate será o punto de partida do
Día da Bici organizado polo concello de Cabana de Bergantiños. Os paticipantes deberán estar ás 11:00 horas na saída para iniciar un percorrido circular que discorrerá polos lugares de Fontefría, Vilaseco, aula didáctica do Neolítico, igrexa parroquial de Borneiro, Vista Alegre, O Briño e a capela do Briño (avituallamento).