![]()
O 2018 é o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, que ten como obxectivo animar á cidadanía a descubrir e comprometerse co patrimonio cultural europeo e a reforzar o sentimento de pertenza a un espazo europeo común. Co lema O noso patrimonio: onde o pasado atópase co futuro vanse desenvolver en todo o continente infinidade de actividades. E en Carballo, tamén. Por iniciativa do Conservatorio Profesional de Música, e coincidindo co Día de Europa, este
mércores 9 de maio, o alumnado do CMUS cambiará as aulas do Pazo da Cultura por distintos espazos urbanos e converterá a música no patrimonio de todos os carballeses e a carballesas.
O
xoves seguirá soando a música a partir das 19 horas, porque volverá haber en Carballo ao cuarteto de trompistas CatroCores, integrado por catro trompistas galegas que desde o ano 2016 traballan para dar a coñecer distintos etilos musicais adaptados ou compostos para este conxunto instrumental tan pouco común, ao tempo que xogan co abano de cores que ofrece un instrumento coma a trompa. No repertorio que nos teñen preparado figuran Shaw, Weber, Brahms ou John Williams.