![]()
Todos os domingos pola tarde hai festa en Ponteceso. Que llo digan aos veciños e veciñas que cada semana acoden sen falta á súa cita coa música, o baile e a diversión no Centro Cultural da vila ou, ó último de cada mes, no Fogar do Pensionista de Corme. O programa Domingos de Lecer trae serie de actividades lúdicas dirixidas á terceira idade coas que se pretende incrementar a oferta municipal de ocio e lecer entre os nosos maiores ao tempo que se promoven novos hábitos de vida, máis activos e saudables cos que combater o estres, a depresión ou o sedentarismo.