Venres. 19.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Entrega de Premios do Enfoques do Allo e espectáculo en Baio

21/dec./2019
20:45 h
Auditorio de Baio
papar_sen_cancelas
Entrega de Premios do Enfoques do Allo e espectáculo en Baio

O vindeiro sábado, 21 de decembro, terá lugar no Auditorio de Baio a entrega de premios da III Edición do Concurso de Fotografía Móbil “Enfoques do Allo”. A cita para recibir os 3 premios que ofrece o Concello de Zas, de 100 € para a primeira fotografía clasificada, 75 € para a segunda e 50 € para a terceira, será ás 20:45 xusto antes do espectáculo “Papar sen Cancelas” incluído dentro da programación de Nadal organizada polo Concello de Zas.

Para acadar algún destes premios, as persoas participantes do concurso tiveron que pasar un primeiro filtro do xurado formado por profesionais da comunicación coma Verónica Couto, Xurxo Sánchez e Jorge Parri, o fotógrafo Marcos Rodríguez, e a técnica de cultura do concello de Zas Tania Carreira; e despois o do público nas redes sociais.

A fotografía gañadora do certame é a de Ysabel Cupeiro, que acadou un total de 798 “gústame” a través de Facebook e Instagram nas votacións emitidas ata o xoves 5 de decembro.

Cabe sinalar que a III edición do concurso foi moi desputada, cun total de 2.554 votos rexistrados, e moi internacional, dado que houbo votos chegados de toda Europa e mesmo de páises coma China, Rusia ou Sudáfrica. Tanto é así que os dous concursantes que chegaron á segunda e á terceira posición tamén superaron os 500 votos: Jorge Martínez con 650 votos e Antía Varela con 507 votos.

Comentarios