xoves. 05.06.2025
El tiempo

Evento

Exposición en Cee

17/dec./2016 a 08/xan./2017
20:00 h a 00:00 h
Exposición en Cee
foto-exposicion-stoupa-cee-1
cartel-stoupidos-2016-copia
A Tenda Turística Stoupa, de Cee, presenta como última exposición deste ano a colección “Stoupidos 2016”, unha mostra conxunta dos artistas da Costa da Morte que xa presentaron a súa obra en Stoupa nos pasados meses (Marinna Mouzo, Nano Unzueta, Juan Louro, Oleria Aparicio, Viki Rivadulla ou Charamusca) e algúns dos que o farán ao longo do ano 2017 (Yano Yoro, Nacho Porto, Manuel Canosa, Jesica Coiradas, Mar Cerviño ou Xoanxo Cespón).
O vindeiro sábado 17, ás 20h, celebrarase no local ceense a presentación aberta desta última exposición do ano 2016  e  os asistentes coñecerán de primeira man a nova colección creada por Stoupa de paquetes regalo 100% Costa da Morte, que combinan produtos autóctonos da nosa terra  con obras dos creadores maís recoñecidos da comarca en todas as disciplinas artisticas: literatura, cerámica, xoiería, pezas de encaixe, escultura, pintura, fotografía, diseño de moda … Ademais, os presentes poderán degustar gratuítamente a cervexa artesá “Estrela de Mar” e a tónica “Bágoas do Mar”; ámbalas dúas bebidas son elaboradas cunha significativa porcentaxe de auga do mar da Costa da Morte.
A exposición “Stoupidos 2016” poderá visitarse durante todo o Nadal, ata pasar a fin de semana de Reis, no local ceense de Stoupa situado a 100 metros do cemiterio vello.
foto-exposicion-stoupa-cee
Comentarios