Mércores. 24.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Feirauto Baio 2019

14/xuño/2019 a 16/xuño/2019
10:00 h a 20:00 h
Rúas de Baio
Feirauto Baio 2019
Feirauto Baio 2019

Os vindeiros días 14, 15 e 16 de xuño terá lugar en Baio unha nova edición de Feirauto; a feira de coches de ocasión organizada pola Asociación do Automóbil de Baio que vai xa pola súa 43ª edición.

Durante eses días, cinco talleres da vila (Talleres J. Lema, Talleres Manuel Montes, Bayo Móvil, Talleres Graíño e Bayocar) abrirán as súas portas nun horario especial - de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas -, cunha gran cantidade de vehículos de ocasión de distintas marcas, con descontos especiais e ventasoxas condicións de compra.

Nas cinco exposicións atoparemos vehículos de km.0, seminovos, industriais, todoterreos, familiares, SUV, deportivos,…

E como todos os anos, haberá algunha novidade. Nesta ocasión, serán un sorteo de vales en combustible que se realizará ao remate da feira entre todas as persoas que ao longo dos tres días se acheguen a algún dos talleres. En total repartiranse 300€ en combustible que se poderán canxear na estación de servizo Gasóleos Montaña de Baio.

Comentarios