Evento
Festa dos 50 anos de Bazarra

Este sábado 18 de maio, a Estación de Servizo(s) Bazarra celebra o seu 50 aniversario. Co lema “50 anos contigo”, quere continuar demostrando a súa absoluta vinculación á Costa da Morte. Faino ano tras ano apoiando á bisbarra, a través do seu servizo de becas, o deporte, a educación e a cultura da zona.
Faino agora, cunha gran festa de confraternización, onde haberá pinchos para todos (pulpo, xamón, tortilla…) e boa música. Todo de 12:00h a 15:00h.
50 anos = 50€
Ademais, durante a xornada haberá premios aos que vaian repostar, con vales de 50€ en carburante.
50 anos de compromiso ca Costa da Morte
Unha empresa sempre á vangarda, coa vista continua na modernización, que empurra o tecido asociativo, pero tamén ao tecido empresarial da comarca. Pioneiras foron as súas instalacións de placas solares para o aforro enerxético; ou o seu sistema de recollida e aproveitamento de augas.