Evento
Festa dos Maiores de Vimianzo
29/abr./2017 a 29/abr./2017
12:00 h a 6:00 h
14:23 27/04/17
O vindeiro sábado día 29 celebrarase no Pavillón Polideportivo de Vimianzo a 16ª edición do Xantar dos Maiores.
Este ano teremos un convidado de excepción, o monologuista Isi, que actuará despois do xantar e nos contará a súa vida e as súas historias cheas de alegría, cercanía e intensidade.
Estaban convidadas a participar todas aquelas persoas maiores de 60 anos das que confiraron a súa asistencia un total de 861 persoas.
O menú, que consistirá en empanada, carne asada, pescada, flan con tona, rosca e café, será elaborado por 4 restaurantes do concello.
O servizo das mesas, coma nas edicións anteriores, correrá a cargo de 55 persoas voluntarias, 11 empregados do Concello e 38 de persoas alleas ao ente municipal.
Ademáis do monologuista Isi actuarán o Grupo Época, a Charanga Escándalo, os cantantes locais Suso de Andrea e Jaime de Vilaseco, os grupos de gaitas A Trubisquiña e Gaiteiros de Carantoña e as Cantareiras de Baíñas, Berdoias, Carnés e Treos.
Sortearanse distintos agasallos entre as persoas asistentes.
As persoas que non conten con medios para desprazarse até a capital municipal disporán dun servizo de autobuses que os recollerá nos seus lugares de orixe e os levará de volta unha vez rematada a festa.