Evento
Festas do Carme de Camariñas 2019
17/xul./2019 a 20/xul./2019
12:00 h a 23:59 h
Camariñas

14:37 09/07/19
O luns 15 comezan unhas das festas máis importantes do ano en Camariñas, e fanno co Carme dos nenos, unha festa infantil despois do pregón que vai dar o alumnado do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto, os Camariñáns de Honra.
Non parará a festa ata o sábado 20. O martes 16, día grande da festa, a Danza de Arcos será a protagonista tamén da ofrenda aos mariñeiros. Pola noite verbena. O mércores 17, ollo coa verbena con El Combo e París de Noia, pero o xoves toca a Panorama. O sábado será o día do Carme Folk, con Treixadura e Samarúas.