venres. 23.05.2025
El tiempo

Evento

Festival Contra-Letras no Casino de Carballo

16/maio/2018 a 16/maio/2018
8:30 h a 6:00 h
Festival Contra-Letras no Casino de Carballo
O renovado Casino1889 de Carballo celebrará durante os próximos días 16 e 17 de maio o singular Festival Contra-Letras.  E para enchelo de contidos, a entidade convoca xa Certame Poético Festas Minervais, unha importante celebración literaria que quere recuperar a nova directiva, pois este ano sería, nada menos a súa 75ª edición. As persoas interesadas en participar deben entregar entre 3 e 5 poemas orixinais, escritos en galego (en calquera das súas normativas) ou en portugués. De tema e extensión libres, presentaranse baixo pseudónimo, xunto cun sobre cerrado en que figuren os datos persoais e de contacto do autor. As composicións entregaranse exclusivamente na sede do Casino, ata o día 15 de maio, e os gañadores anunciaranse o día 17, durante o transcurso do “Festival Contra-Letras”, que se inaugurará na véspera, cunha noite de poesía e unha homenaxe ás Irmandades das Fala, no día do seu aniversario. Durante a xornada festiva, haberá múltiplas actividades, desde encontros con poetas ata obradoiros de creación poética e, como non podía ser menos, unha sesión vermú.

Novas relacionadas

Fonte

    Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
Comentarios