Evento
Festórreo de Lira ou Cabaseira Fest 2019
03/ago./2019
18:00 h
Hórreo de Lira

11:48 29/07/19
Este sábado 3 de agosto, o Festórreo de Lira convertiráse no auténtico Cabaseira Fest. A brava xente da A.C. Canle prepara toda unha cita na que o humor sempre é protagonista. Os Miguel de Lira, Fede Pérez e compañía, farán unha divertida parodia dos festivais que tanto triunfan hoxendía polo país.
Pero a realidade é que contan cun cartel que envexarían moitos festivais, pois Luar na Lubre e Astarot son dúas bandas ben recoñecidas.
Non faltarán as famosas Canle Nius, esa sesión informativa en clave de humor, amenizada polas empanadas de millo e as Cantareiras Nunca é tarde.