Evento
Fin de semana cultural polo Nadal de Cee

Moita música e unha interesante charla médica esta fin de semana no concello de Cee.
O Sábado 21 decembro, ás 19.00 horas, o Auditorio Baldomero Cores, Casa da Cultura acolle a charla que organiza Liga Reumatolóxica Galega, co doutor Francisco Blanco baixo o título “Doutor, teño reuma!”
De seguido ás 20.30 horas, haberá Concerto de panxoliñas cos corais Airiños de Quenxe, Xan Mella e Costa da Morte. Emotivo concerto no que poderemos escoitar grandes temas propios destas datas como o Aleluya de Haendel, panxoliñas galegas e ata clásicos temas do pop internacional (The Mamas & The Papas ou ABBA).
Xa o domingo 22 decembro, ás 20.00 horas celébrase no Auditorio Baldomero Cores, Casa da Cultura Concerto de nadal coa Banda de Música de Cee. Concerto que contará cun programa especial: música de nadal española e internacional, o vals do Danubio Azul e ata a famosa Marcha Radetzky, sen esquecer outros temas clásicos do repertorio habitual da banda.