Evento
O gran San Xoán de Carballo 2019 (II)
24/xuño/2019 a 27/xuño/2019
11:30 h a 20:00 h
Carballo

12:17 20/06/19
O San Xoán máis potente de toda a comarca dase en Carballo, sen lugar a dúbidas. Nunha edición que chega en clave de muller, e coincidindo coa Semana Grande, vaise poñer en marcha unha campaña contra a violencia sexual, “unha campaña 0’0 agresións, porque hai que seguir concienciando á sociedade de que a diversión ten que ser sempre compañeira do respecto”.
Non pararán as citas ao longo da semana, e a vindeira, haberá verbena o venres 28 con fogos de artificio, o gran Rockin'Carballo o sábado, e a auténtica romaría da Festa do Bosque o domingo.