Sábado. 23.10.2021
El tiempo

Evento

Homenaxe a Paco Souto en Malpica

03/nov./2017 a 03/nov./2017
9:30 h a 6:00 h
Homenaxe a Paco Souto en Malpica
Homenaxe a paco Souto en Malpica Coa homenaxe mundial do 11 de novembro no Teatro Colón no horizonte, o Concello de Malpica e a Asociación Caldeirón queren darlle este ano un gran impulso ao Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Un impulso que sirva de gran homenaxe a Paco Souto, o gran valedor deste certame, que tanto pouso deixou no mundo da cultura en toda a Costa da Morte. Xa son 21 as obras presentadas para o certame, a mellor marca nas 11 edicións anteriores, pero o programa deste ano, ademais da Cea das Letras do 4 de novembro (na que se fará entrega do premio), inclúe varias actividades como música, teatro, exposición e, como non, poesia. Caldeirón chámalle ao programa “Novas Crónicas de Malpica”, que comeza o martes 31 de outubro levando a poesía de Souto ao CEIP Milladoiro.

Un Completo programa

Programa das Novas Cronicas de Malpica a Paco Souto Xa o mércores 1 de novembro comezan as actividades para o público. A partir das 19:00h inaugurarase, no Centro Civico a exposición colectiva “Vai no Mar” na que participan artistas como Nolo Suárez, Mon Lendoiro, Viki Rivadulla, Milos Cotelo… moitos participantes na homenaxe Luscoefusco que se desenvolveu en Carballo da man de Rosalía Fernández Rial e Serxio Moreira. Ás 21:00h arrincará no Pub Limón de Malpica un dos actos centrais, como non podía ser doutro xeito, en clave de poesía cun recital de Contos de Medo con Miguel Mato, Paco de Tano e Suso Lista, que se completementará co espectáculo teatral de Alba Souto e Serxio Moreira. O xoves 2 de novembro o Pub Limón inaugura outra exposición, e uarias creacións audiovisuais que contaron con Paco Souto como protagonista. Unha cita dirixda por Bocixa, e que rematará co concerto de Mj Pérez e Maraxe. Para o venres 3 de novembro, a Casa do Pescador acolle unha fermosa velada de contos do mar con Xosé Iglesias, Rivadulla Corcón e Xurxo Souto, culminada pola música da TraskiBand. O sábado 4 de novembro é o día grande, coa cita da Cea das Letras na Casa da Cultura de Seaia como prato forte. Antes, terá lugar unha presentaciçon e un concerto no Centro Cívico, así como a presentación do gañador do XI Certame de Poesía Erótica do ano pasado e o fallo do xurado deste ano. Pecha o amplo programa o domingo 5 de novembro en clave de teatro, coa adaptación dunha obra de Paco souto polos Quinquilláns, un pasarrúas e a obra Bicos con lingua, de Talía Teatro.  

Novas relacionadas

comentarios