Evento
I Xornadas Micolóxicas na Fin da Terra
31/out./2015 a 01/nov./2015
10:00 h a 00:00 h
10:57 22/10/15
Así, durante a última fin de semana de outubro haberá en Fisterra varias actividades que xiran sobre o mundo dos cogumelos. A primeira cita é o sábado, 31 de outubro, ás 10 da mañá para saír dende a praza do concello fisterrán ata os montes da contorna co fin de que os participantes fagan as súas propias recollidas. Ese mesmo día, ás 19 horas no salón de actos do casa consistorial, aprenderán sobre o recolectado grazas a unha charla-conferencia da man de José Manuel Castro Marcote. Xa o domingo, 1 de novembro, os participantes nestas primeiras xornadas micolóxicas que se celebran en Fisterra, expoñerán os cogumelos recollidos no mercado municipal da vila.
Estas xornadas están organizadas polo concello de Fisterra e pola asociación Pan de Raposo.