sábado. 21.06.2025
El tiempo

Evento

Inauguración dunha nova exposición en Stoupa

02/xuño/2018 a 02/xuño/2018
7:00 h a 9:00 h
Inauguración dunha nova exposición en Stoupa
Ata finais do mes de xuño, Stoupa – un dos referentes da cultura e da artesanía da Costa da Morte – acolle unha mostra de fotografía que chega da man do mariñeiro e fotógrafo Xosé Iglesias e baixo o título “Movementos ó sur do mar de María Antonia”. A inauguración terá lugar o sábado, 2 de xuño, ás 19 horas.
Xosé Iglesias Lamela (Cee, 1974) é mariñeiro, poeta e fotógrafo; un home polifacético que a base de traballo, de esforzo e sobre todo, de visión, consegue crear obras impecables. No 2011 fíxose célebre na rede social “Youtube” ao gravarse mentras tiraba ao mar varias caixas de pescado como protesta contra a marxinación de Galicia nas cuotas pesqueiras da UE. A súa vida literaria está marcada polo mar e sobre todo polo Gran Sol. Pertence aos colectivos literarios In Nave Civitas e A Porta Verde do Sétimo Andar.
Comentarios