Acompañados de escenas teatrais e musicais, este venres terá lugar en Laxe o IV roteiro "Lúa Chea". A andaina arranca ás 21:30 horas da praza dos Voluntarios e a organización - o concello de Laxe - recomenda levar roupa e calzado axeitado, prismáticos e cámara de fotos para captar todos os momentos que deixará o percorrido.