Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Laxe na Boca

02/mar./2019 a 03/mar./2019
12:00 h a 21:00 h
Rúas e bares de Laxe
Laxe na Boca
Laxe na Boca

Xa está a pleno rendemento o programa ReLáxese 2019. Ese programa da Concellería de Comercio, Hostalería e Turismo de Laxe formulado para desestacionalizar o sector turístico e axudar a manter vivio durante os outros 10 meses do ano a hostalería da vila.

A nova proposta é a ruta “Laxe na boca” dentro do programa de actividades “Inverno Gastronómico e Enolóxico”. Unha ruta de pinchos que se desenvolverá a próxima fin de semana do 2 e 3 de marzo, en horario de 12.00 a 15.00 e de 20.00 a 23.00 horas.

Haberá un tren turístico polas mañáns, que permitirá percorrer os nove establecementos participantes: Mar de Fondo, O Bocho, A Nova Despensa, Áncora, Recodo de Antía, Mar de Laxe, Zurich, O Reino de Loki, e O Ben Me Sabe.

Os pinchos serán gratis e as consumicións permitirán participar no sorteo dunha fin de semana no Augusta Spa Resort**** de Sanxenxo para 2 persoas.

Ademais, a rúa estará chea de vida coa música da Banda de Gaitas Maruxía e as Pandereteiras Andora; a maxia dos magos Marcos Waldemar e DeimiM e as risas que nos traerán os mologuistas Xan Veiga, Víctor Grande e Tito Rober.

Cartel da Ruta Gastronomica Laxe na Boca

Programa do sábado 2 de marzo

O sábado pola mañá o Grupo de Gaitas Maruxía tocará polos negocios, dando paso, pola tarde, ás 18.00 horas, á presentación oficial do TRIKITANIC. Trátase dunha gran embarcación que simula o Titanic, promovida pola Asociación Batucada Trikitrakes. Ás 8 da tarde, será o turno da Tuna de Dereito de Santiago de Compostela, coa que pretendemos encher de ritmo e ambiente festivo a noite de Laxe. Pero non queda aí a cousa. Alternando coa tuna, organizamos un intenso programa de monólogos, a cargo de Xan Veiga, Víctor Grande e Tito Rober. Cada un con distintos horarios e pases para facilitar á asistencia a tódalas persoas e o movemento de consumidores entre locais.

Programa do domingo 3 de marzo

O domingo continuará circulando o tren pola mañán. Xunto a el, estará o grupo de Pandereteiras Andora, tocando polos locais. E para crear máis ambiente e expectación, nada mellor que un circuito de maxia. Correrá a cargo dos magos Deimi e Marcos Waldemar, actuando por turnos nos 9 locais da campaña.

Novas relacionadas

Comentarios