As Festas do Mar de Malpica maridan tradición, música, cultura e moita troula

Xa está en marcha o completo programa das Festas do Mar de Malpica. Estes luns e martes estiveron dedicados aos libros, coas presentacións das Pandereteiras de Nerea Gómez, Icía Varela e X. M. Varela, e o Detective de Marta Villar. Hoxe mércores rematan as lecturas con Xurxo Souto e o seu "Somos un pobo de artistas" adicado a Luisa Villalta (a cita ás 20:30h na Casa do Pescador).
O xoves hai Prefesta, no escenario situado no Porto - Travelift. Abrirá o telén da troula a Duendeneta co seu musión a partir das 23:00h, e de seguido a Orquestra Panorama City dará dous pases, alternando con DJ Roy para que peche de novo a Duendeneta.
O do venres é un día grande, que amence pronto cos Pasarrúas de A.C. Malante, e o orixinal Concurso de Barcanas e Castelos de Area. Ás 14:00h, será o momento do emotivo pregón, que darán Icía e Xosé Manuel Varela sobre as Vellas e Mens.
O vermú será con Aixa Romay, o tardeo coa Duendeneta, e ás 19:00h Circo Medina para toda a familia.
A noite do venres será Pop-Rock. O escenario do porto empezará a resoar ás 23:00h coa Duendeneta, para que ás 0:15 comecen Corazón Oxidado (Tributo a Fito). Volverá La Duendeneta e pechará ás 3:30h DJ Ariax.
Xa o sábado, será Malante a que amence co seu pasarrúas a partir das 10:'00h. Haberá fútbol, coa xornada Fútbol chegou por mar (apadriñado por Donato Gama da Silva).
Ás 14.00h, vermú con O Tren da Unha; ás 16.00h, tardeo con DJ Ariax & DJ Jacobo Ostos; ás 17.00h, obradoiros do Mar coa Asoc. Redeiras O Fieital; e ás 19.00h, ollo ao Karaoke con DJ Roy.
Xa poña noite, verbena no porto co Grupo La Bamba (ás 23:00h), con Verónica Romero (finalista OT1) (ás 1:30h), segundo pase de La Bamba e peche cos DJs Jacobo Ostos & Ariax.
Aínda queda un domingo de pasarrías de Malante, xadrez xigante, Vermú con Laura Añón, Ángel Sevilla & DJ J.J. Compota, e unha das citas máis esperadas: ás 17.30h, será a Procesión Marítima e Ofrenda á Virxe (B.M. As Pontes)
O Fin de Festa, comeza ás 19.00h coa Batucada Malandros; ás 19.30h, manda a música local con A.C. Carcaxía & A.C. Malante; ás 20.30 Regueifa a Trío con Yéssica Nantón vs Antonio de Xornes vs Suso de Xornes; ás 22.00h, Concerto Festicultores e ás 00.30h, a última traca de Fogos de artificio.