Evento
Lumarea de San Xoán en Camariñas
22/xuño/2019 a 23/xuño/2019
23:00 h a 23:59 h
Praia Area da Vila

11:54 20/06/19
Por Camariñas a xente da Lumarea preparan sempre unha das cachelas máis auténticas do San Xoán. Este sábado 22 xa fan pre-Sanxoán, cunha noite de troula. E o domingo, dende as 17:00h, a praia Area da Vila acolle numerosas actividades para toda a familia. Ás 0:00h, prendido da lumarea con fogos de artificio e traca de bombas.