Evento
Marcha saudable con M de Muller en Laxe
18/mar./2018 a 18/mar./2018
11:00 h a 6:00 h
12:17 15/03/18
Seguen as actividades do mes de marzo “Con M de Muller” baixo o epígrafe de #Cóidate, Quérete. Esta fin de semana toca:
- Zumba na rúa: o sábado 17 ás 5 da tarde, na Praza de Ramón Juega ou no patio cuberto de parvulitos (Praza dos Voluntarios).
- Marcha saudable: o domingo 18, con saída ás 11 horas de diante da Casa do Concello e cuxo itinerario percorrerá diferentes rúas e pistas do Concello de Laxe.
- Obradoiro de defensa persoal: o domingo 18, de 5 a 8 da tarde, no Pavillón Polideportivo municipal. O obradoiro está destinado a mulleres a partir dos 12 anos. Para poder participar neste obradoiro, foi imprescindible inscribirse previamente no concello e durante a mañá do venres, aínda é posible facelo. O obradoiro, será impartido por Nelson Moreno Cuta, mestre con formación específica neste ámbito.
