Xoves. 28.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Memorial e exposición no Verán Cultural de Cee

03/ago./2019 a 04/ago./2019
19:30 h a 21:00 h
veran-cultural-2019-logo1
Memorial e exposición no Verán Cultural de Cee

No marco do completo Verán Cultural de Cee, este sábado 3, a Praza da Constitución, acolle ás 19.30 horas o IX Memorial Manuel Rebollar coa participación das bandas: Cultural de Teo, Unión Musical  de Meaño (Flicorno D’ Oro 2019 no XXI Concurso Bandístico Internacional en Riva del Garda, Italia) e Banda de Música de Cee. Organiza: Asoc. Cult. Amigos da Banda.

Ademais, o domingo 4. Sala de exposicións da Casa de Cultura, 21.00 horas: Inauguración da exposición " Arquitectura e territorio na Costa da Morte. Unha ollada de CREUSeCARRASCO" dos arquitectos Juan Creus e Covadonga Carrasco.

Comentarios