Sábado. 27.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Mercado Tradicional de San Ramón nas Torres do Allo

31/ago./2019 a 31/ago./2019
11:00 h a 14:30 h
Torres do Allo
Mercado de San Ramon nas Torres do Allo 2019
Mercado Tradicional de San Ramón nas Torres do Allo

Volve recuperar as Torres do Allo tradición cultural da Festa de San Ramón no Allo coa instalación dun Mercado con produtos artesanais da comarca na contorna do pazo. O obxectivo é achegar aos veciños e veciñas do Allo e máis aos visitantes do pazo parte da etnografía e da artesanía da comarca, colaborando coa celebración dunha romaría que ten máis de catro séculos de historia.

Pecharase a programación estival do pazo máis antigo de Galicia na festa de San Ramón, o día 31 de agosto, a partir das 11he ata ás 14:30h, co Mercado de San Ramón. Ademais da posibilidade de mercar produtos ecolóxicos ou artesanais coma liño, encaixe, sancosmeiros, cestos, xabóns, mel, etc., ofreceremos unha visita guiada especial nas Torres do Allo centrada na temática da festividade de San Ramón.

A actividade, organizada polo Concello de Zas, trata de recuperar a nosa cultura viva, achegándoa ao noso tempo de lecer, de maneira que o público asistente poida desfrutar da historia e a etnografía da zona participando dela, vivíndoa.

Comentarios