Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Evento

Mostra de Viños Beber do País en Laxe

24/mar./2018 a 24/mar./2018
11:00 h a 6:00 h
Museo do Mar
Mostra de Viños Beber do País en Laxe
Mostra Beber do Pais de Laxe

Completa fin de semana vinícola en Laxe. O programa Reláxese, con este marzo enolóico, culmina cunha fin de semana na que se celebrará a I Mostra de Viño Galego "Beber do País" que concentrará a un total de 17 adegas no Museo do Mar este sábado día 24.

Xa o venres, xusto despois de facer entrega do premio ao autor do cartel premiado do Rosario da Boa Morte, ás 19:00h, terá lugar no renacido Museo do Mar unha cata de viño da D.O. Rioja a cargo de Chelo Palacios, enóloga e xerente de Bodegas Palacios Remondo.

Pero a cita máis grande, para pechar o “Inverno Gatronómico”, chega o sábado (de11:00 a 14:00h e de 17:00h a 20:00h), coa Mostra do Viño Beber do País. 17 adegas galegas de varias Denomiacións de Orixe (DO) e Identificacións Xeográficas Protexidas (IXP) estarán no Museo do Mar:

  • DO Monterrei: Couto Mixto (Verín), Crego e Monaguillo (Monterrei).
  • DO Rías Baixas: Coto Redondo (As Neves), Viña Moraima (Barro).
  • DO Ribeira Sacra: Pilares de Belesar (O Saviñao), Toalde (O Saviñao).
  • DO Ribeiro: Area Lux (Cenlle), Eloi Lorenzo (Arnoia).
  • DO Valdeorras: Alán de Val (A Rúa), Casal Novo (Rubiá), José Arestegui (A Rúa).
  • IXP Barbanza: Antonio Saborido (Boiro), Entre Os Ríos (A Pobra).
  • IXP Betanzos: Casa Beade (Paderne), Conexión Mandeo (Betanzos).
  • IXP Ribeiras do Morrazo: Adega Ardán (Marín) e Os Areeiros (Vilaboa).

O público asistente á mostra poderá probar os viños nunha mostra conducida por Antonio Portela, viticultor e elaborador de viño IXP Ribeiras do Morrazo e membro da Asociación Galega de Sumilleres.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios