Xoves. 25.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Mostra Víndemo Ver de Carnota 2019

18/abr./2019 a 21/abr./2019
12:00 h a 20:00 h
Mostra Víndemo Ver de Carnota 2019

Chega unha nova edición da Mostra de Promoción Local de Carnota (entre o 18 e o 21 de abril), o evento que vindica e ensina en 4 días: artesanía, produto de horta, de proximidade e gastronomía, e cunha ampla oferta de actividades culturais, lúdicas e deportivas para todas as idades. 

Este será o oitavo ano que o Concello de Carnota organiza esta mostra. Xunto as carpas habituais de artesanía e proximidade este ano visibilizaremos o mellor da gastronomía da zona, nunha carpa onde haberá demostracións cos cociñeiros e chefs de nomeados restaurantes de Carnota e da Ría da Estrela (Muros-Noia). 

As actividades deportivas son un dos eixos fundamentais da programación paralela: este ano coa VIIIed. da Ruta BTT de Carnota (18 de abril), a II Andaina Víndemo Ver, nesta ocasión ofrecendo o percorrido pola Senda Azul (sábado 20 de abril) e a VIIed. da Trail Viquinga do Concello de Carnota. Para formalizar a inscrición de calquera destas probas, cómpre acceder online, ben dende a web do Concello (www.carnota.gal) ou directamente na plataforma de Galitiming.

Tamén é necesaria a incrición previa para o programa Coñece Carnota: unha actividade en dúas xornadas para rapaces e rapazas de 6 a 14 anos, na que coñecerán o patrimonio cultural do concello incidindo nos testemuños e tradición oral dos nosos maiores. 

Ademáis, a programación inclúe obradoiros abertos ao carón da carpa de artesanía, actuacións de grupos tradicionais e concertos: o venres de Andeluán na Casa da Xesteira e o sábado a partir das 21h diante do Concello de Adhara & Ritman e Sés. 

Comentarios