Evento
Noite das Perseidas en Sar Bartolomeu

O ceo da Costa da Morte é un dos mellores de Europa para ver as estrelas. Ademais, esta vindeira semana volveremos vivir unhas chuvias de Perseidas. As populares “bágoas de San Lorenzo” serán as mellores protagonistas para disfrutarnos da nosa natureza.
Por agora son tres as saídas programadas dende Cabana, Carballo e Santa Comba:
Estrelas dende Santa Comba
O Concello de Santa Comba, coa inestimable colaboración do Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela que dirixe José Angel Docobo, organiza unha ruta Guiada ata o alto de San Bartolomeu, no lugar do Busto, para ver, na súa noite orixinal, as Perseidas ou bágoas de San Lorenzo o luns día 12.
A Andaina Nocturna, que sairá desde a Casa da Escola do Busto, sobre as 21:15h, e que percorrerá entre lusco e fusco 3,5 km bordeando o emblemático monte xalleiro. Recoméndase levar roupa de abrigo, chaleco e luz para a camiñata. Toda a xente que queira participar, pode anotarse a través de WhatsApp no 663 728 968, ou no formulario on-line.
http://www.santacomba.es/s6-concello/omix/mais-preto-das-perseidas-desde-san-bartolomeu.htmlNovas relacionadas
- A Costa da Morte, o ceo no que sobreviven as estrelas.
- /ul>
MÁIS NOVAS
- A Torreira do Cabo Vilán volve recorrer o mundo protagonizando unha foto premiada de Daniel Lois.
- As noites de Daniel Llamas en Nariga, Louro e Vilán, premiadas de novo.
- O ceo da Costa da Morte, protagonista do novo libro de fotos nocturnas de Lois e Llamas.
- <
- Outubro 16: A Punta Nariga nocturna de Daniel Llamas segue colleitando recoñecementos.
- Outubro 16: Daniel Llamas recibe unha nova mención internacional coa Vía Láctea de Punta Nariga.
- Setembro 16: O Faro Vilán e Cristina Fernández, protagonistas dun premio nacional de Astrofotografía.
- Xuño 16:Unha foto de Fisterra, premio no World at Night.