![]()
Hoxe ás 13:00 horas inaugúrase unha nova mostra na sala de exposicións do faro Vilán de Camariñas, xestionado pola asociación de empresarios e promoción turística -aept- de Camariña", e que se poderá ver durante todo o mes de setembro. Neste caso será a obra
"M'eu - Mar. Tempos longos" do artista Xan Vieito.
No acto inaugural estará o propio autor da mostra xunto coa cantante de ópera Diana Diva.
Os horarios de apertura da sala de exposicións so o 1 e o 2 de setembro, de 11:00 a 21:00 hoas e do 3 ao 30 de setembro de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas.