luns. 09.06.2025
El tiempo

Evento

Novembro de Música en Cee

12/nov./2016 a 12/nov./2016
20:15 h a 20:15 h
Novembro de Música en Cee
black novembro mes da musica cee 2016 A música será a principal protagonista das actividades culturais que ten programadas o concello de Cee para o vindeiro mes de novembro. Así todos os sábados do mes pasarán pola casa da Cultura da vila distintos estilos musicais; dende música tradicional ata tango, pasando pola música “negra” de grandes clásicos como Aretha Franklin ou a banda. Este sábado ás 20.15 horas é o turno para BLACK  e achegarnos á música Soul, a esa música de voces negras que alimentan alma e sensibilidade e que, a día de hoxe, só podemos escoitar, en moitas das ocasións, en antigos traballos discográficos . A través do espectáculo de BLACK redescubriremos grandes clásicos de voces masculinas como Ain't no sunshine ou Hit the road Jack, vibraremos recordando voces inolvidables como Aretha Franklin ou Stevie Wonder e disfrutaremos con versións de artistas modernos como Amy Winehouse ou Adele. BLACK ofrece, en directo, unha visión sensible e chea de detalles das últimas décadas da música negra, da forma na que as canciones nacen, se escriben e se interpretan, dunha forma profundamente íntima regalándonos unha viaxe polas melodías do Soul. BLACK está formado pola voz espectacular de Iria Mejuto acompañada do guitarrista Richi Rozas. Taquilla aberta desde as 19.30 horas. Entradas a 2.5 e 1.5 euros. Espectáculo da Rede Galega de Teatros e Auditorios de Galicia.   Novas relacionadas   Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Cee
Comentarios