![novembro mes da musica cee 2016]()
A música será a principal protagonista das actividades culturais que ten programadas o concello de Cee para o vindeiro mes de novembro. Así todos os sábados do mes pasarán pola casa da Cultura da vila distintos estilos musicais; dende música tradicional ata tango, pasando pola música “negra” de grandes clásicos como Aretha Franklin ou a banda.
ESTE SÁBADO 19 DE NOVEMBRO, ÁS 20:15 h, SERÁ O TURNO PARA A BANDA DE MÚSICA SEMENTEIRA CUN PROGRAMA VARIADO, COMEZANDO CO PASODOBRE CARMEN CARRERA, DO COMPOSITOR GALEGO X.L. REPRESAS CARRERA, A OBRA PARA BOMBARDINO E BANDA PANTOMIME, ACTUANDO DE SOLISTA LUCIANO ROBLEDO ASENSIO, E AS OBRAS BONAPARTE E PERSIS, ENTRE OUTRAS. O CONCERTO ESTÁ EMMARCADO NA REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2016 E CONTA COA COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN DE AMIGOS DA BANDA DE MÚSICA DE CEE.
As entradas son gratuítas ou de 2,5€ para o público xeral e 1,5€ entradas bonificadas, dependendo da actuación.
Novembro é un mes de tradición musical pola celebración de santa Cecilia, patroa dos músicos.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Cee